
Concurso Poemas matemáticos
O Departamento de Matemáticas, en colaboración co Departamento de Lingua Castelá e Literatura, vén de adxudicar os premios do 5º cuncurso de poemas matemáticos, co que o noso IES conmemorou o día da Matemática (14 de marzo) e o día da poesía (21 de marzo).
Nesta edición, os estudantes do noso centro tiñan que facer unha producción poética en prosa ou verso seguindo os infinitos decimais do número e = 2.71828182…, en tan só 50 minutos e sen axuda de ningún tipo.
Estos son os gañadores, que recibirán o seu correspondente premio no hall da Laboral o vindeiro xoves 30 de abril, no recreo.















