
Charla do programa A Ponte
Alumnado de Bioloxía asistiu o 21 de abril á charla de María Jesús Sainz, profesora da Facultade de Veterinaria da USC, sobre a pegada do que consumimos sobre o planeta.
O aumento extremadamente rápido da poboación mundial durante o século XX determinou unha maior demanda de alimentos de orixe vexetal e animal, que persiste no
século XXI.
A intensificación da agricultura e os cambios nos sistemas de produción gandeira xeraron importantes impactos negativos no medio ambiente: emisións de gases asociados ao efecto invernadoiro, contaminación da auga, alto consumo de enerxía, auga e outros recursos naturais, deforestación, erosión e degradación de solos, e diminución da biodiversidade.
É necesario tomar conciencia destes impactos para deseñar e aplicar cambios que permitan conseguir alimentos sustentables e saudables e, ao mesmo tempo, protexer o planeta no futuro.














