
Segundas oportunidades
O xoves 16 visitaron o centro varios funcionarios que traballan como educadores no cárcere de Pereiro e acompañábaos un interno que actualmente está en réxime semiaberto.
O alumnado de 4° da ESO coñeceu de primeira man como é a vida dos reclusos mentras cumpren a condena e cales son as dificultades coas que se atopan para reinsertarse na sociedade unha vez rematada.
Insistiron na importancia das pequenas decisións que nos poden levar a grandes erros e como aprender deles nas segundas oportunidades.










