
Agradecemento do Club Burgas Básket
Son varias as entidades deportivas que utilizan o noso polideportivo polas tardes e as fins de semana.
Logo da rehabilitación hai uns anos do edificio, puidemos ofrecer esta instalación deporttiva para o seu uso á sociedade ourensá.
Aquí adestran e xogan:
- Moitos clubs da Federación Galega de Hockey
- O club de futbol sala, Sala Ourense
- O equipo senior feminino do Club Ourense Baloncesto (COB)
- O Club Burgas Basket de baloncesto
Este último club quixo agradecer á Universidade Laboral publicamente, a través do diario A Rexión, o apoio ofrecido a un proxecto novo de deporte base, para que puidera sair adiante.
Queremos pola nosa parte darlle a noraboa ao traballo que realizaron no seu primeiro ano de existencia e só desexarlles que nos vindeiros anos sigan traballando así para que se consoliden como un club de baloncesto ourensán máis.










