
A Laboral na Feira Educa
Esta última semana de marzo tivo lugar en Expourense a feira educativa Feira Educa. Alí tamén estivo a Universidade Laboral.
Nunha zona da feira tivemos un stand para dar a coñecer a nosa oferta educativa de ESO e Bacharelato, con especial atención no noso Bacharelato de Artes plásticas, único na provincia. Alí puidemos explicar ao público as características deste bacharelato e as súas saídas posteriores.
Na zona dedicada á Formación Profesional tamén tivemos presencia, para dar a coñecer de primeira man a nosa oferta de ciclos.















