arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorRadio Laboral: Agrupación de centros


eventosformacioninnovacion
Martes, 10-Marzo-2026
Radio Laboral: Agrupación de centros - Foto

Radio Laboral: Agrupación de centros

Hoxe saímos dos estudos centrais para meternos de cheo nos corredores dos nosos institutos. Non falamos de exames nin de notas, senón do que ocorre cando soa o timbre: a convivencia. Como nos levamos? Como resolvemos cando hai tensión? Hoxe unimos tres puntos cardinais: Pedro Muñoz, Ourense e Sahagún. Dentro do agrupamento 25/27, os nosos compañeiros do IES Isabel Martínez Buendía coordinan e producen este programa sobre convivencia, no que colaboran dúas das nosas alumnas, Chloe e Sara, de 4º de ESO. Hoxe non imos falar de libros, hoxe falaremos de respecto.

Podcast



Mais noticias...

Financiación europea

PDC

Descargar Abalar en Android