
Radio Laboral. Semana branca!
Danna e Luis, de 3º da ESO, entrevistan a algúns dos alumnos de 4º da ESO que acaban de volver de Andorra, onde gozaron da Semana Branca, aprendendo a esquiar entre algúns dos picos máis prominentes da península. Anécdotas, recomendacións, música e moito máis neste podcast producido por e para o alumnado do noso instituto.










