
Certificación do nivel de inglés
O venres 20 de febreiro examináronse na Laboral case medio cento de alumnos e alumnas de 2° de Bacharelato e de 2° de Ciclos Medios e Superiores, para poder acreditar o seu nivel de inglés. Este ano o centro examinador foi Oxford Test of English.
Recibirán unha axuda de 100€ do Ministerio de Educación para cubrir o custo dos exames.
Moita sorte para todos !!











