
XVII Olimpíada de Xeoloxía
O 4 de febreiro, unha representación de sete alumnos de Bioloxía, Xeoloxía e C.A. de 1° de bacharelato do IES Universidade Laboral participaron na fase galega da XVII Olimpíada de Xeoloxía, celebrada na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Participaron 11 centros das provincias de Lugo e Ourense cun total de máis de 80 alumnos. A proba consistiu nunha xincana e nunha proba escrita.
A nosa alumna Ariana Rodríguez Rivera acadou o terceiro posto. O resto de participantes: Pablo Chaos, Xurxo Iglesias, Santiago López de Letona, Daniel Rodríguez, Mara Rodríguez e Juliana Sangoquiza fixeron unha moi boa olimpíada. Agradecemos o esforzo, traballo e ilusión amosados polos nosos rapaces e as súas familias. Esperamos que o pasaran ben e que se animen a participar na do vindeiro curso.
Parabéns aos participantes!



















