
Educar en Xustiza
O mércores 14, o alumnado de 1° de Bacharelato de Ciencias Sociais asistiu á celebración de xuízos no Xulgado de Ourense. Unha actividade que forma parte do programa "Educar en xustiza" que organiza o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Durante os xuízos o alumnado fixo seguemento das declaracións dos acusados, do ministerio fiscal, testigos, acusacións e defensas e tamén tivo oportunidade de visitar distintas instalacións.
Damos as gracias a Dona María Victoria Candamo, xuíza titular do Xulgado do Penal n° 1 de Ourense polas súas explicacións e por responder a todas as dúbidas do alumnado, o que lles permitiu entender mellor a realidade xudicial.











