
Charlas A Ponte
O alumnado de ciencias de 4° ESO e de bacharelato asistiron á charla do programa A Ponte, "Para que serven os números primos? " impartida por Óscar Rivero, profesor adxunto na USC.
Tamén foi entrevistado para RadioLaboral.
Para que serven realmente os números primos? Que parte do mundo ve realmente un investigador destacado en calquera campo do coñecemento? Como de difícil é conseguir un posto de profesor universitario?
Neste episodio, Ana, Elena e Noa, de 4º B, tentan dar resposta a estas preguntas entrevistando a Óscar Rivero, un neno prodixio das matemáticas que no seu día chegou a obter a medalla de prata na Olimpíada Matemática Mundial e que actualmente traballa como profesor adxunto na Universidade de Santiago de Compostela (USC).










