arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorCharla da USC sobre a evolución cadavérica


eventosformacioninnovacion
Luns, 22-Decembro-2025
Charla da USC sobre a evolución cadavérica - Foto

Charla da USC sobre a evolución cadavérica

O 17 de decembro, o Dr. Ignacio Barús, profesor de medicina forense da USC, impartiu unha charla aos alumnos de Anatomía Aplicada de 1⁰ de bacharelato e Bioloxía de 2⁰ de bacharelato sobre a evolución cadavérica. Os nosos alumnos puideron ver cómo os procesos biolóxicos despois da morte alteran o corpo, dende a lividez cadavérica e o rigor mortis ata a descomposición final.
Os alumnos tiveron a oportunidade de preguntarlle as dúbidas que lle ían xurdindo sobre este tema tan apaixoante.
Doutra banda, como era de esperar, o Dr Barús quedou encantado coa atención e curiosidade que amosaron os alumnos do IES Universidade Laboral. De seguro que o vindeiro curso repetimos esta actividade do programa A Ponte da USC.


Charla da USC sobre a evolución cadavérica - Foto 2
Charla da USC sobre a evolución cadavérica - Foto 3
Charla da USC sobre a evolución cadavérica - Foto 4
Charla da USC sobre a evolución cadavérica - Foto 5
Charla da USC sobre a evolución cadavérica - Foto 6
Charla da USC sobre a evolución cadavérica - Foto 7


Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android