
Tertulias literarias
O 27 de novembro, un grupo de 1º de Bacharelato asistiu ás tertulias literarias de Allariz. O día foi intenso comezando por un roterio, guiados da man de Pilis, polos lugares máis emblemáticos da vila e pola tarde o encontro coa escritora Arantxa Portabales e o seu libro Asasinato na casa rosa.
Moitas gracias a María Sánchez do IES de Allariz pola acollida e a Pilis por esa viaxe polo pasado e presente das nosas tradicións.











