
Samaín
O pasado xoves 30 de outubro os rapaces de Oratoria de 3º da ESO prepararon unha xincana terrorífica para os novos estudantes de 1º de ESO que acaban de chegar ao noso IES. En pequenos grupos de oito rapaces e rapazas, a cativada foi guiada por moitas das estancias da Laboral entre sorpresas e sustos, para rematar coñecendo un segredo nas catacumbas da biblioteca…
A actividade está enmarcada no proxecto de "Agrupamento de centros" que durante dous anos fará o noso instituto co IES Isabel Martínez Buendía, de Pedro Muñoz (Ciudad Real) e o IES Fernando de Castro, de Sahagún (León). Eles tamén fixeron unha actividade polo Halloween/Samaín, que podedes consultar nas súas redes sociais:
@iesisamarbue
@ies_fernando_de_castro



















