arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorVisita do alumnado de 1º de Automoción ás instalacións de UNVI


eventosformacioninnovacion
Mércores, 28-Maio-2025
Visita do alumnado de 1º de Automoción ás instalacións de UNVI - Foto

Visita do alumnado de 1º de Automoción ás instalacións de UNVI

O pasado 21 de maio, o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Automoción realizou unha visita ás instalacións da empresa UNVI, situada en Ourense e especializada na fabricación de autobuses.

Durante a xornada, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o sistema produtivo da empresa, así como os seus inicios, evolución e implantación no sector. A actividade incluíu un percorrido guiado polas distintas áreas da planta, no que se explicou detalladamente o proceso de fabricación dun autobús.

Desde a soldadura da estrutura ou bastidor, pasando polo montaxe da carrozaría, a instalación do cableado eléctrico, o equipamento interior e o acabado final do vehículo, o estudantado puido observar cada unha das fases que fan posible o produto final.

A visita resultou moi enriquecedora, permitindo ao alumnado relacionar os contidos traballados na aula coa realidade industrial do sector, coñecer saídas profesionais e valorar a importancia do traballo en equipo, da calidade e da innovación no contorno produtivo.


Visita do alumnado de 1º de Automoción ás instalacións de UNVI - Foto 2
Visita do alumnado de 1º de Automoción ás instalacións de UNVI - Foto 3


Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android