
Debuxo e natureza
Hoxe o alumnado de Expresión Artística, de 4º da ESO, desprazouse a Oira para desfrutar da actividade "Debuxo e Natureza", levada a cabo na Aula da Natureza do río Miño do Concello de Ourense (@coordinador_aula_da_natureza) e enmarcada dentro das actividades do Proxecto Terra.
Da man do artista e biólogo Jose Arcas (@josearcasart), relaxámonos debuxando detalles da natureza, e aprendimos que podemos explorar o noso entorno natural e desconectar de tanta tecnoloxía mediante o debuxo con acuarelas.
Grazas, Jose, por ensinarnos a explorar o entorno natural!
Enlace













