arriba
 

 
PortadaseparatorA Laboral na prensaseparatorAcordo de colaboración con RENFE


Acordo de colaboración con RENFE

O pasado venres 11 de xullo. O Director e o Xefe do Departamento de Automoción do IES, trasladáronse a Madrid aos "Servizos Centrais de Renfe Enxeñería e Mantemento". Foi unha reunión técnica para seguir traballando na inminente implantación en Ourense do novo Ciclo Medio de Mantemento en Material Rodante Ferroviario. Por parte de RENFE fomos recibidos por diversos representantes do máximo nivel, como Luis Manuel Suárez, Director Xeral de Renfe Enxeñería e Mantemento; Manuel Joaquín Sanz, Xerente de Área de Recursos Humanos, Formación e Organización de Renfe Enxeñería e Mantemento; Montserrat Escribano, Xefa de Área de Formación de Directivos e Desenvolvemento Profesional de Renfe; Santiago García, Xerente de Área Territorial Norte de Renfe Enxeñería e Mantemento; e Adrián Rodríguez, Técnico Formador da Escola Técnica Profesional de Mantemento.
No acto fíxose entrega formal ao IES de libros e material didáctico elaborado pola Escola Técnica Profesional de Mantemento de RENFE 

Os libros cubren materias tan diversas do novo ciclo como:

  • Motores
  • Sistemas auxiliares do motor diésel
  • Tracción eléctrica
  • Sistemas de freos
  • Circuitos auxiliares
  • Sistemas lóxicos
  • Confort e climatización
  • Bogie, tracción e choque

Posteriormente realizouse unha detallada visita aos talleres de RENFE en Fuencarral.

Desde o IES Universidade Laboral queremos agradecer a esta empresa pública o trato recibido e colaboración para que este ciclo formativo fora unha realidade en Galicia. Convertémonos no décimo centro público en ofertar este ciclo en toda España.

Faro de Vigo

Prensa escuela

La Región

A Voz de Galicia


PDC

Descargar Abalar en Android