arriba
 

 
PortadaseparatorOferta de Formación ProfesionalseparatorAdmisión e Matrícula: curso 2025-26


Admisión e Matrícula: curso 2025-26

Admisión e Matrícula: curso 2025-26 - Foto

Admisión e matrícula

Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída dela, polo que calquera dúbida ou contradición resolverase sempre atendendo á normativa vixente.

  

  

Antes da inscripción e matrícula debe consultar a oferta educativa onde atopará os requisitos tanto de idade como académicos que debe reunir.

  

Ensinanzas no réxime de adultos (modular-distancia): para consultar os módulos por ciclo formativo pode facelo dende o enlace anterior ou ben premer en itinerarios formativos nas ensinanzas de adultos, poderá consultar a oferta e as recomendacións por ciclo formativo picando no que corresponda.

  

 img#68184

 img#46618

  

PRIMEIRO HAI QUE REALIZAR A PREINSCRICIÓN (vía WEB)

do 16 de xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas na aplicación informática.

Modular distancia (agás FCT e PROXECTO)
  • Automoción
  • Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos
Ordinario e Cursos de Especialización
  • Alumnado que repite primeiro curso
  • Alumnado que se matricula por primeira vez
  

Intruccións e toda a información na web da Consellería AQUÍ 

RECLAMACIÓNS CONTRA ÁS LISTAXES:

O prazo para reclamar é dende o 8 de xullo ás 9:00 ao 10 de xullo ás 13:00 horas

SEGUNDO, unha vez obtida praza hai que realizar a MATRÍCULA:

Poderase solicitar matrícula na praza adxudicada vía web na aplicación informática. (Esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial). Para o 1º curso do réxime ordinario e para o réxime para as persoas adultas na modalidade a distancia poderase realizar a solicitude/reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet.

  

Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e do código da solicitude de inscrición coa que se obtivo a praza adxudicada.

  

A solicitude de matrícula web deberá facerse no prazo indicado no calendario para esa adxudicación. O centro, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xustificación do pagamento do seguro escolar e a documentación. Non atender estes requirimentos pode ser causa de anulación da matrícula ou baixa de oficio. Calquera outra documentación que o centro considere necesaria non ten carácter obrigatorio de entrega por parte do alumnado.

  

A matrícula tamén se pode realizar no centro educativo da praza adxudicada.

  

Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

  

RECORDA: Para que a matrícula sexa efectiva o alumnado menor de 28 anos debe realizar o ingreso do importe do Seguro Escolar. Deberase aportar o xustificante por correo electrónico (ies.universidade.laboral@edu.xunta.gal) para o alumnado que opte pola matrícula de forma telemática e no momento da matrícula para o que o faga presencialmente no centro.

  

Datos para o ingreso:

Nº de conta: ES15 2080 5259 0530 4000 6636 (ABANCA)
Importe: 1,12€
Concepto: Seguro Escolar (No resgardo debe constar obrigatoriamente o nome d@ alumn@ que se matricula e o ciclo)

  

PRAZOS:

Todo o alumnado que teña praza adxudicada deberá facer efectiva a matrícula nas seguintes datas:

  • Matrícula para alumnado na 1ª adxudicación: do 15 ao 18 de xullo ás 13 horas. 
  • Matrícula para alumnado na 2ª adxudicación: do 22 ao 24 de xullo ás 13 horas.
  • Matrícula para alumnado na 3ª adxudicación: do 29 ao 31 de xullo ás 13:00 horas.
  • Matrícula continuada (ciclos con prazas liberadas): do 1 ao 26 de setembro.

  

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DO RÉXIME MODULAR A DISTANCIA:


  

 img#46618

  

PREINSCRICIÓN do 23 de xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas. 

Tamén para o seguinte alumnado:

  • Alumnado que se matricule na FCT e Proxecto de Réxime modular.

  

 img#32860

 


  

 img#22170

O alumnado que esgotase o número máximo de convocatorias previstas para cada módulo profesional poderá solicitar, ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, unha convocatoria extraordinaria para rematar os seus estudos, sempre que se dea algunha das seguintes circunstancias, que se deberán acreditar documentalmente:

  

  • Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico, tanto do alumno ou da alumna como de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, no período correspondente á última convocatoria ordinaria.
  • Discapacidade que implique autorización de flexibilización modular para completar os estudos.
  • Sufrimento dunha situación de violencia de xénero.
  • Calquera outra circunstancia que condicione ou impida o desenvolvemento ordinario dos estudos.

  
A solicitude deberase presentar na secretaría do centro educativo onde se cursase a última convocatoria das ensinanzas de formación profesional.

  

O prazo de presentación de solicitudes de convocatoria extraordinaria abranguerá desde o 17 de xuño ao 15 de setembro de cada ano.

Podes descargar o formulario de solicitude AQUÍ.

No caso de que sexa concedida a convocatoria extraordinaria, o alumno ou a alumna deberán formalizar a matrícula nun centro educativo para rematar os seus estudos, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa lista de espera.


  

 img#76501

  • Alumnado que opte por cambiar de ciclo no réxime ordinario a outro tamén ordinario.
  • Alumnado que solicite praza para cambiar do réxime módular ao 2º de ordinario.
  • Alumnado que proceda doutros centros que desexe solicitar praza para 2º curso de ordinario ou FCT e/ou Proxecto (debe achegar certificado de estudos)

NON VÁLIDO PARA ALUMNADO QUE REPITE PRIMEIRO CURSO

  

PRESCRICIÓN PRESENCIAL: do 23 de xuño ao 2 de xullo ás 13 horas.

  

Servizos en liña da Consellería de Cultura, Educación e OU

A aplicación informática “Ciclosadmision” permite o acceso a usuarios externos autentificados nos sistemas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Deste xeito aquelas persoas participantes no proceso de admisión a ciclos formativos de Formación Profesional que facilitaron un enderezo de correo electrónico válido na súa solicitude poden ser usuarios externos da aplicación informática e acceder a determinados servizos en liña relacionados co proceso de admisión.


PDC

Descargar Abalar en Android