Campo de hockei: Convenio co Concello de Ourense
Existe un Convenio entre o Concello de Ourense e a Consellería de Educación para a regulación do uso do campo de hockei que é titular o IES Universidade Laboral.
O campo é usado en horario lectivo polo IES, e o resto das horas pola Federación Galega de Hockei e os diferentes clubs dependentes dela.
Un luxo de instalación que xa visitaron en numerosas ocasións as seleccións españolas de hockei herba absolutas para realizar torneos, xogar clasificatorios para o campionato de Europa e mesmo torneos preolímpicos.