Acordo coa Fundación do Secretariado Xitano
O IES Universidade Laboral leva xa moitos anos colaborando coa Fundación do Secretariado Xitano de Ourense. Froito desa colaboración nenos e nenas xitanas están conseguindo destacados éxitos académicos.
Froito desa colaboración fixo que no 2024 escolleran a Universidade Laboral como sede de celebración do "Día do pobo xitano". Foi un ano especial para nós, no que dúas mulleres xitanas que elixiron o noso centro para facer a ESO, remataban estudos; unha delas o bacharelato de Humanidades e a outra o Ciclo Superior de Instalacións Térmicas, logo do seu paso polo bacharelato de ciencias, e formar parte activamente no Consello Escolar.