arriba
 

 
PortadaseparatorCursos de EspecializaciónseparatorCurso de especialización en Dixitalización do Mantemento Industrial


Curso de especialización en Dixitalización do Mantemento Industrial

Tes un ciclo superior en Mecatrónica Industrial e queres completar a túa formación na dixitalización industrial. Esta é a mellor formación para ti. Tamén podemos admitir en determinadas condicións a alumnado con ciclos medios, ciclos superiores noutras especialidades, ou con títulos universitarios. 

O Máster é compatible con persoas que están traballando porque se imparte en xornada de tarde nun horario flexible.

 img#89529

A competencia xeral deste título consiste en implantar e xestionar proxectos de dixitalización do mantemento en contornos industriais, aplicando as tecnoloxías de última xeración e cumprindo os requisitos de calidade, seguridade e respecto ambiental.

Réximes: ordinario (tarde)

Horarios:

  • Ordinario tarde: horario de tarde (pode variar a hora de entrada e saída cada curso escolar en función das necesidades do alumnado)

Curso de especialización en FP (máster): 600 horas /un curso académico

Consultar perfil do curso ordinario:  img#51576


PDC

Descargar Abalar en Android