Curso de especialización en Mantemento e Seguridade en Sistemas de Vehículos Híbridos e Eléctricos
Tes un ciclo superior en Automoción e queres completar a túa formación no vehículos híbridos e eléctricos. Esta é a mellor formación para ti. Aprenderás todo o necesario e estarás preparado para traballar neste sector. Tamén podemos admitir en determinadas condicións a alumnado con ciclos medios, ciclos superiores noutras especialidades, ou con títulos universitarios.
O Máster é compatible con persoas que están traballando porque se imparte en xornada de tarde nun horario flexible.
A competencia xeral deste título consiste en organizar, planificar e diagnosticar avarías, e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística na área de vehículos híbridos e eléctricos, garantindo o cumprimento das especificacións técnicas de seguridade e de protección ambiental establecidas na normativa.
Réximes: ordinario (tarde)
Horarios:
- Ordinario tarde: horario de tarde (pode variar a hora de entrada e saída cada curso escolar en función das necesidades do alumnado)
Curso de especialización en FP (máster): 650 horas /un curso académico